
Máis de Santiago
que de partido
Unha proposta libre, de progreso e con experiencia de goberno para poñer Compostela en marcha.
Un proxecto coas raíces en Compostela
Non nacemos nos despachos de Madrid nin nas executivas de ningún partido alleo á nosa realidade. Nacemos na rúa, nos centros de saúde, nas asociacións veciñais e na memoria viva dun concello que sabe o que é erguerse cando fai falla.
O noso proxecto afonda as súas raíces na historia máis digna e rebelde de Santiago. En 1856, baixo as pólas do histórico Carballo de Conxo, celebrouse o Banquete Democrático: un acto pioneiro de fraternidade onde estudantes, artesáns e obreiros sentaron na mesma mesa en pé de igualdade, desafiando aos poderosos e tecendo unha alianza baseada na xustiza social e na liberdade.
Hoxe recollemos ese mesmo espírito. Contigo.
A orixe deste proxecto foi unha expulsión dunha ruptura da disciplina de partido: fronte a abstención dictada pola dirección local, nós votamos a favor dunha ordenanza que completaba a regulación das vivendas de uso turistico impulsada por Mercedes Rosón. Aprobamos unha ordenanza que protexía o uso residencial da vivenda, como lle dixemos á cidadanía que faríamos, e en contra das ordes partidistas.

